Quen é Lois Pérez? En versión ?Long Play?


Hai unhas semanas, preguntábame un amigo xornalista: “Quen é Lois Pérez?”, daquela eu contestei en versión curta (SD) e en clave local, pois o colega é de Mondoñedo; hoxe fareino en elepé.

De lonxe, Lois Pérez pode ser confundido cun que foi alcalde de Vigo a cabalo entre dous séculos e dous milenios (1999-2003) e que gobernou no período que vai desde a fin propagación do sulfato de bronce sobre as formas e o posterior de inzar a cidade da oliveira de vexetación con recortes xurásicos.

Tamén pode desorientar un escritor e político de Vigo que leva Leira coma segundo apelido, Lois Pereiro, Leiras Pulpeiro... Pero non, o Lois Pérez non é de Vigo, é un “rocker” da Piringalla, un barrio de Lugo ao que chegaron de aluvión moitos chairegos coas casas cargadas en remolques.

Narrador oral

Lois Pérez non é tan só un narrador oral, un contador de historias -non confundir con monologuista-, nin un poeta, nin un dramaturgo, nin un músico, nin un modelo da súa mellor fotógrafa; tampouco un xogador de fútbol sala que tiña goteiras na casa cando militaba no Porto de Celeiro e que era e é capaz que transformar nun poema de trescentos versos a historia dun desprazamento co seu equipo a Las Palmas de Gran Canaria.

Lois Pérez tamén é mestre e sindicalista; é un tipo crítico, con el o primeiro e cando lle peta publica crónicas de rock pola Ruta 66. Locutor de radio, tanto na municipal de Tui e na Galega como en emisoras online... O Lois Pérez é iso e moito máis e en calquera das súas facetas ou personalidades é o amo da anáfora ou “loop” -para os amantes da música- que tamén comeza e remata coas súas siglas.

Con Saltimbanqui (2008, Xerais) gañou un premio de teatro radiofónico e foi quen de que Quico Cadaval se fixase nela para subila aos escenarios na compaña de Xan Cejudo e Xosé Manuel Olveira “Pico”.

Para non ser poeta...

Na páxina en branco da súa segunda publicación, o libro de poemas LP (2013, Emerxente) escribiume: “Eu non son poeta, e non sei exactamente o que son, pero namentres o descubro, váisenos pasando a vida, un deporte tan complexo...”

Para non ser poeta (segundo el mesmo me dicía), vai con dous libros de poesía, o citado LP e o Long Play (2017, Xerais) que anda a presentar nestes tempos por librarías, bares, televisións, radios e xornais.

Meto moeda na máquina de discos do “Long Play” e pico nunha tecla ao chou: “Que é rock and roll / e pregúntasmo ti, amor? / Rock and roll es ti / que vas cego coma unha toupa”. Cheguei a tempo para escoitar os catro últimos versos do tema anterior: “A nosa terra é terra galega / a nosa terra xa foi sempre así / a nosa terra é lenda chairega / onde o ceo é sempre gris”.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

Quen é Lois Pérez? En versión ?Long Play?