Patrimonio da Humanidade

Miguel Sande Corral
Miguel Sande AS SAN LUCAS

A MARIÑA

19 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Sumámonos e apoiamos esta petición desde a Voz: que As San Lucas sexan declaradas pola Unesco Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Son as feiras e festas máis antigas de Galicia e probablemente de Europa. Son únicas. Levan celebrándose 861 anos. Unha riqueza, unha tradición (dende logo As San Lucas dan contido e sentido a esta palabra: tradición). As San Lucas deben sumarse ao Camiño Norte e formar un todo: un patrimonio único, histórico, excepcional.