O adestrador do Ribadeo recoñece que foi o Viveiro o que dispuxo das mellores ocasións de gol no derbi mariñán
08 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.O adestrador do Ribadeo falou sobre o derbi sen deixarse levar polas cores. Non discute a vitoria do Viveiro nin o penalti que rompeu as táboas. E destaca, sobre todo, o esforzo dos dous equipos nun campo infame e a deportividade que amosaron durante os 90 minutos.
-¿Pareceulle xusto o resultado?
-Nas condicións que chegamos e despois do gran esforzo que tivemos que facer, se nos fósemos con un punto tampouco sería inxusto, se ben é certo que o Viveiro tivo as mellores ocasións de gol do encontro.
-¿Doe máis perder de penalti e case no derradeiro minuto?
-Si. Aínda que o penalti foi claro, doe perder desa maneira. Máis que nada, polo que dicía antes. Tivemos que facer un sacrificio enorme diante dun rival de gran entidade e non mereciamos un desenlance tan cruel. Creo que competimos a un bo nivel.
-¿Que tería pasado co campo en bo estado?
-Ao mellor nos custaba máis neutralizar o xogo combinativo do Viveiro, pero seguro que ao contragolpe, con espazos, íamos crearlles moitos problemas con Paulinho e Luki.
-Dende fóra deu a impresión que o Viveiro chegou con máis forzas ao treito final do derbi.
-Pode ser. Tivemos que encarar o encontro con varios xogadores tocados que apenas adestraron durante a semana. Se nós tivéramos dous ou tres cambios de garantías, como eles, ao mellor o partido sería outro.
-Se tivese que elexir dous xogadores por equipo para optar ao MVP, ¿por quen se decantaría?
-No Ribadeo estiveron moi ben Tomás e Iván Rodríguez, Brais tamén fixo un partidazo... E no Viveiro Popo foi o máis determinante.
-¿Qué futuro lle augura ao equipo viveirense?
-Vai depender das próximas xornadas. Se engancha unha boa xeira de resultados pode engancharse aos postos de cabeza. É un equipazo que necesita tempo e esta Liga é moi larga.
Fiz rodríguez