Olalla Rodil, candidata do BNG por Lugo, aposta por devolver a gratuidade dos libros de texto
A MARIÑA
A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, aposta por devolver a gratuidade dos libros de texto e por recuperar as prazas de profesorado «que se desmantelaron -sinala- para garantir un ensino universal dende os 0 aos 18 anos e reforzar o papel das universidades».
Olalla Rodil, tamén mantivo unha xuntanza con persoal da USC, no Campus de Lugo, para coñecer cal é a situación real na que se encontra a universidade pública e as condicións nas que teñen que traballar. No primeiro día de curso a candidata do BNG achegouse onte a un centro educativo lucense.
Non obstante, a candidatura do BNG pola provincia de Lugo tamén estivo na Mariña, en Foz interesándose polos problemas de dragado na ría, no peirao, «problema que se está a eternizar, semella que sin solución».