«Moitas veces penso que non son comprometida de abondo»

david péreZ CERVO / LA VOZ

A MARIÑA

XOÁN A. SOLER

«Diría que fai cinco anos que non actúo na Mariña»

16 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Mercedes Peón é unha das actuacións estelares das festas do Carme en San Cibrao, xunto a de Sés prevista para onte á noite. Dará o concerto na Praza dos Campos no medio da verbena, programada a partir das 23.00 horas.

- ¿Canto fai que non actúa na Mariña?

-Moito, diría que cinco anos.

-A súa música é comprometida e social. Fala de feminismo, de desigualdade... ¿estamos nun momento clave da música reivindicativa?

-Moitas veces penso que non son comprometida de abondo. Pero estamos nun momento clave para unirse todo o subalterno e facer unha oposición firme para que non se omitan os seres que non entran nas lóxicas dos medios, que neste momento claramente se seguimos os movementos sociais, non se reflicte nin se achegan a outras subxectividades que están a florecer ou coas que se convivían como pode ser un mundo incrible ao noso redor, con lóxicas naturais, ecolóxicas sen ideoloxía.

- Nunhas semanas actúa no Reino Unido, e fai pouco actuou en Chile. ¿Que atractivo ten o seu estilo de música para o público estranxeiro?

-Case que podería asegurar que non hai unha relación directa de contratación por facer música con autoestima linguistico-cultural conscientemente. Por aí fora ás veces poñen nos carteis «española». Non son conscientes de que en España non se identifican co que fago porque simplemente non existimos, pero no meu caso o mercado foi moi democrático, mercan a entrada para te ir ver porque lles gusta a túa música sen máis. Por que se me leva contratando en aproximadamente 400 festivais internacionais de verdade que non o sei. É algo que me pregunto aínda hoxe en día.

-¿Atópase na preparación dun novo disco?

-No 2015 publiquei un álbum con WVB, grupo polaco co que xirei durante dous anos, e fixen o espazo sonoro da obra «El canto de los caballos» de Lipi Hernández. Agora estou a piques de rematar o meu quinto disco.