A Ría de Ribadeo nos programas electorais

EVARISTO LOMBARDERO

A MARIÑA

07 oct 2015 . Actualizado a las 16:41 h.

Neste escrito analízase a presencia da Ría de Ribadeo nos programas electorais dos grupos que obtiveron representación nas últimas eleccións municipais.A efectos expositivos encadramos en catro apartados os complexos problemas da ría, suliñado que todos están interrelacionados. A saber:

1.- Necesidade urxente dun Plan de Protección Medioambiental. Como é sabido é preceptivo dende 1989 pola inclusión no Rexistro Europeo de Zonas ZEPA, RAMSAR, NATURA 2.000, etc.

2.- Actividades de interés económico e promocional: industriais (estaleiros), turísticas, portos, pesca, marisqueo, explotacións que impactan directa ou indirectamente na ría, como agroforestais, lecer, etc.

3.- O nome da ría. Algunhas administracións públicas seguen utilizando a denominación incorrecta e ilegal Ría del Eo en contra do acordo da Comisión de Nombres Geográficos de 8 de Marzo de 2008. Concretamente a Agrupacion Puente de los Santos e a Reserva de la Biosfera Río Eo e Terras de Buron soen utilizar a denominación incorrecta.

4.- Competencias municipais directas, verquidos, saneamento, etc.

Datos obtidos na revisión dos programas:

BNG: 1.- Non fai ningunha referencia ao Plan de Protección da ría nin directa nen indirectamente. 2.- Hai varias referencias: Ponto nº 10 ?Propoñeremos á Xunta un novo dragado?? Ponto nº 21??introducción no mercado? dos produtos? da ria? . 27: ??aproveitamento da ría para deportes?? 74: repite o 27. 95: Repite con outra redacción o 21. 3.- Cítase a ría cinco veces, pero non se utiliza ningunha vez a denominación Ría de Ribadeo. Tampouco hai ningunha referencia nin directa nin indirecta ao problema do uso incorrecto do nome da ría por organismos oficiais. 4.- 102: ?Seguiremos avanzando no saneamento das parroquias?? Non hai referencias aos verquidos nas Aceñas, Vilavella, Praia dos Bloques, Porto de Porcillán, etc.

CIUDADANOS: Cítase unha soa vez á ría coa seguinte frase: ?Poner en valor nuestra ría, nuestras playas??.

P.P: Non aparece citada ningunha vez a Ría de Ribadeo, nin sequera como ?a ría?. No apartado adicado á Zona rural , no ponto 3 di: Aposta firme polo saneamento do rural sen citar verquidos ou similares.

PSOE: Presentou un díptico, incluindo 20 puntos e outro documento dixital, na sua páxina WEB (http://agrupacionpsoeribadeo.es), con 100 puntos. 1.- Non se fai ningunha referencia expresa a un Plan de Protección Ambiental da ría. 2.- O punto 97 di: Promoveremos o dragado e saneamento da ría diante das distintas institucions. 3.- No punto 56 cítase a ?Ria de Ribadeo?, sen aludir aos problemas da denominación da ría.

4.- Non hai referencias ao verquidos agás o punto 97 xa citado.

Resumindo, nos programas electorais dos catro grupos que obtiveron representación obsérvase:

Apartado 1: Ningún deles prantexou a necesidade de acadar un Plan de Protección, de axuntar información ou de concienciar á veciñanza e ás administracións sobre este tema.

Apartado 2: Hai algunas referencias, pero non parece que a ria por si mesma sexa un elemento de atención preferente desde o punto de vista das actividades económicas e promocionais.

Apartado 3: Só un grupo utiliza por unha soa vez a denominación Ria de Ribadeo. Ningún grupo se prantexa o problema do uso incorrecto e ilegal da denominación da ría por diversos organismos

Apartado 4: Ningún grupo menciona os verquidos que citamos máis arriba e a necesidade de establecer un rexistro de actividades que poidan afectar á ría.

Rio de Vilaselán e depuradora (fora da ría) : ningún grupo fai referencia á supervisón, funcionamento e impacto dos verquidos da depuradora nin ao saneamento do Rio de Vilaselán.

Evaristo Lombardero Rico é presidente da Plataforma pola Defensa da Ría.