«Vou propoñer medidas contra quen lle está faltando ao respecto aos compañeiros»

La Voz

A MARIÑA

05 sep 2014 . Actualizado a las 11:19 h.

Que o PSOE quede sen representación na corporación focense é unha das consecuencias do pulso político que se libra no seo do partido. Val Alonso non pasa por alto esta limitación, si ben lamenta que as propostas que se defenderon, a pesar de ser aprobadas, o PP acabara por gardalas nun caixón. O responsable da executiva local non é alleo a todas as críticas que reciben el e outros cargos do partido pola forma de xestionar esta crise no PSOE focense. Sen mencionar o nome dun excargo socialista que leva días incendiando as redes sociais, Val Alonso deixou claro cal será a súa postura: «Vou propoñer que se tomen medidas contra quen lle está faltando ao respecto aos compañeiros do partido». Outra figura sobre a que se centran as miradas é a de José María García Rivera, exalcalde, quen elude facer declaracións sobre os últimos acontecementos. ¿Contempla dimitir? «Non o teño decidido. Estou nunha situación delicada», asevera.