«A estruga é moi boa para o ácido úrico e o reumatismo»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

CESAR QUIAN

«O sabugueiro vai moi ben para resfriados, gripes e febres», afirma

19 jun 2013 . Actualizado a las 07:01 h.

Esta fin de semana tocará saír ao monte e aprender nocións básicas de fitoterapia. Este mundo deixará de ter segredos para os alumnos de Noa Vázquez, licenciada en Bioloxía Ambiental, Máster en Medicina Natural, colaboradora con La Voz de Galicia en A Coruña sobre temas de alimentación e en V Televisión no programa Vital. O seu blogue é blogs.lavodegalicia.es/menudeldia/. Dará o curso «As plantas medicinais do noso entorno» que organiza o Espazo Agroecolóxico A Estruga en colaboración coa Asociación de Veciños de Valcarría e no que seguen anotando, no 982 879 810.

-¿Aproveitase todo o potencial das plantas que nos rodean?

-Non. No rural algo máis, algunha tradición popular aínda queda, pero pouco, máis das xeracións máis maiores. Pero xente nova que colla o interese por esta medicina natural hai pouca, ao mellor por falta de coñecemento ou interese, aínda que creo que iso se está revertendo. Se está volvendo ao natural. Habería que aproveitar a sabiduría dos nosos avós e modernizala.

-¿Que plantas son as máis comúns na Mariña?

-Imos ver cales atopamos, porque cada zona ten as súas. Hai algunhas que son bastante comúns en toda Galicia e moi representativas a nivel medicinal, como a estruga, que realmente é unha das mellores plantas medicinais que existen porque ten moitos usos, para baixar o ácido úrico, para reumatismos, é moi remineralizante e depurativa, etcétera... O dente de león tamén se atopa en todas as esquinas, é depurativo, hepático. O llantén é bo para expectorar, incluso hai xaropes comerciais que o teñen. O sabugueiro tamén é moi fácil de atopar e útil, do que se aproveitan follas, flores e baias en distintas épocas do ano e é o máis útil en caso de resfriados e gripes, incluso febres, porque ten unha sustancia parecida ao ácido acetilsalecílico. A milenrama serve para dores menstruais, o hipérico serve como cicatrizante, a celidonia se usaba tradicionalmente para as verrugas, etcétera.

-¿Que normas básicas hai para poder collelas e utilizalas?

-Hai que buscalas en zonas adecuadas, que non haxa cultivos con químicos cerca, nin industrias, nin estradas...

-¿Que se pode elaborar?

-Tinturas, aceites, infusións, colirios, enjuagues, mascarillas con arcilla, o xarope de llantén, ungüentos con caléndula...