O Museo Provincial programa actividades de lecer para todos os públicos, idades e gustos, dende obradoiros ata exposicións, proxeccións de cine e campamentos
06 ago 2008 . Actualizado a las 02:00 h.¿Quen dixo que en agosto non se facían cousas en Lugo? Niso leva anos traballando o Museo Provincial e este verán non ía ser menos. O responsable da área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, e maila xerente da Rede Museística, Encarnación Lago, presentaron onte no xardíns do Museo un amplo programa de actividades de lecer para todos os públicos, idades e gustos.
O de legado provincial, Antonio Veiga Outeiro, destacou actividades para os máis novos, comos os obradoiros Iniciación á compostaxe, a cargo de Adega; Creación literaria, con Xosé Miranda e Paco Rivas; Ximnasia da imaxinación, con Anxo Moure; Deseña a túa camiseta, Mosaicos e Facendo ferramentas do pasado.
Fins de semana
Tamén se programaron actividades para as fins de semana de agosto, dirixidas a pequenos e maiores.
O sábado día 9 o Museo acollerá un obradoiro de fabricación de xoias, Enxoiate , a cargo de Miguel Caamaño.
O seguinte sábado haberá unha proxección de cinema documental, co pase de Homes de xeo: Robert Falco Scott e Ernst Shackleton . E o seguinte sábado, o 23, o Museo albergará unha actividade musical, con Iulius XIII. Na derradeira fin de semana haberá dúas proxeccións dos documental Homes de ciencia: Leonardo da Vinci e Isaac Newton Thomas .
Varias mostras
Ademais, os visitantes poderán ver varias mostras nas instalacións do Museo, como a inaugurada o pasado luns: A pel dos sentidos . O vindeiro día 14 abrirase a exposición da artista Ana Mazoy. Ademais, seguen en cartel a colección do Proxecto Abertal e esta semana rematan as mostras de Goyanes e de Fina Eirós.
Como ven acontecendo desde o inicios de celebración do setenta e cinco aniversario do Museo Provincial, todos os días 10 de cada mes proxectanse fotografías de imaxes das pezas do propio centro nas fachadas exteriores, entre as oito e a doce da noite. Ademais, entregaranse aos visitantes as láminas do Cartafol do Museo .
Desfrutar do lecer
En definitiva, un mes no que os veciños de Lugo disporán dun amplo ábano de actividades para desfrutar do tempo de lecer.