En febreiro sete mantas...

A MARIÑA

A TRIBUNA | O |

20 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

SEGURO QUE o tempo é un dos temas de conversa máis antigos e coñecidos popularmente e un dos máis estendidos. Pero parece non ser transcendente cando se di que cando un non sabe de que falar, fala do tempo. Na miña casa, ao carón da radio está sempre o Calendario Zaragozano que de toda a vida serviu para marcar o tempo das colleitas e os gandeiros de toda a vida adoitan mirar ao ceo con máis frecuencia e en ocasións a súa sabiduría demóstrase anticipando cal vai ser o tempo dos vindeiros días. E basta con votar unha ollada ao refraneiro galego -En febreiro sete mantas e un sombreiro, di un deles- para ver a cantidade de ditos populares nos que o tempo é unha referencia moi habitual. Os temporais, coma o de estes días, dan que falar. As inundacións, caídas de árbores, accidentes de tráfico pola chuvia... convértense en noticia de primeira liña. Unha ola de calor, unha nevarada, unha tromba de auga, a seca, os incendios estivais, preocupan ano tras ano á poboación porque, ao fin e ao cabo, o tempo non forma parte só da nosa vida diaria senón do futuro. O tempo e o clima que vivirán as seguintes xeracións será, seguramente, unha cuestión de relevancia mundial. Xa o é. O cambio climático non é un asunto de segunda liña. Por un lado reaccionamos solidariamente ante un tsunami ou un alude de lodo como o de Filipinas e por outro, seguimos a utilizar o coche para ir ao supermercado da esquina, a mercar plásticos e derivados do petróleo que logo tiramos, a desperdiciar auga e luz, a mercar madeira de lugares que se están deforestando... Xa é hora de concienciarse e non quedar de brazos cruzados.