A TRIBUNA | O |

04 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

TRAXEDIAS como a do volanteiro burelés Siempre Casina deixan na conciencia colectiva a ferinte mistura da impotencia e da rabia. Solidarizarse coas familias e con todas as xentes do mar non basta. Todos, especialmente os profesionais da pesca e as autoridades, estamos obrigados a facer o posible para evitar que se repitan. De momento, despois de analizar ese naufraxio e o do Bahía , semella que as autoridades xa están dispostas a actuar. Sustituirán as actuais radiobalizas por outras que leven incorporado GPS, de tal xeito que cando salte unha alarma no mar poida saberse ao instante o sitio exacto donde ocorreu. Tamén queren rebaixar os tempos de resposta dos helicópteros, con gardas presenciais das tripulacións día e noite. Mais queda o axustado e legal diseño dos barcos, a estanqueidade dos contedores das balsas salvavidas... E, o máis importante, unha implicación total dos tripulantes. Vailles a vida.