A TRIBUNA | O |
18 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.FOI o gran ausente na campaña que rematou a medianoite pasada. Ben se notou de que pe coxea cada un, unha sorte de despropósitos. Situación inédita que na bisbarra non se lembra en ningunha outra cita coas urnas, nen siquera naquela remota de 1978 na que se aprobou a Constitución Española. Quen máis se fixeron oír foron os defensores do non, os que menos son. Aos dous maioritarios tocáballes loitar polo si. De entrada, tiñan todo ao seu favor, sobre todo pola extraordinaria capacidade de mobilización que adoitan demostrar cando están en xogo os seus cargos. Os que máis alcaldías e concelleiros teñen demostraron o seu interese co acto público que organizaron. Os outros, os do partido que goberna en Madrid, pareceron esmerarse máis, cando menos polo número de actos. Mañán veremos si é realidade esa impresión xeral de que a campaña para o referendo de algo tan relevante como a Constitución Europea pasou con moita máis pena que gloria. A abstención será o barómetro. Cando Felipe González fala da política como «esa actividad despreciable»... Pero hoxe toca reflexionar e mañán, votar.