A TRIBUNA | O |
08 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.NUNCA aprenderemos a convivir coa morte. Toda a nosa capacidade de raciocinio esvaécese cando perdemos para sempre a quen queremos. Neses intres adoitamos pensar que non hai consolo posible para unha pena tan fonda como a que sentimos. Mais ese mesmo tempo que pon o punto final das nosas vidas ocúpase de aliviar as nosas penas, por profundas que sexan. Porque o olvido é a verdadeira morte, a nosa mellor homenaxe aos que se foron é mantelos vivos para sempre na nosa memoria. Porque onte voltei a percibir canta dor pode deixar unha morte, quixera animar a quen sinta esa anguria permitíndome reproducir algunhas das Palabras para Julia , de José Agustín Goytisolo, «Nunca te entregues ni te apartes/ junto al camino, nunca digas/ no puedo más y aquí me quedo./ La vida es bella, tú verás/ como a pesar de los pesares/ tendrás amor, tendrás amigos».