A solución menos mala en Alcoa

A MARIÑA

A TRIBUNA | O |

19 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

ESO DIN tres dos cinco sindicatos con representación na factoría de Alcoa en San Cibrao. O máis votado polos traballadores opina o contrario, case o mesmo que o único delegado do grupo minoritario. Polo que conta, a maioría sindical en Alcoa non ten dúbidas: a solución menos mala é eliminar 120 empregos directos e con salarios xenerosos na fábrica. Rexeita que todos eses traballadores sobren, pero admite que os larguen para á casa porque serán recompensados. Eses sindicalistas acadan un principio de acordo coa representación da multinacional, pero ao mesmo tempo deixan todo en mans da plantilla, que terá a última palabra nun referéndum por convocar. Con ou sen maquillaxes, hai tres realidades indiscutibeis. Unha, a perda deses 120 empregos directos en Alcoa equivale á desaparición dunha gran empresa como hai poucas na comarca. Dúas, os que se vaian parece que non sairán mal parados. Tres, as posibilidades de emprego actual e futuro para os mozos da comarca redúcense nada menos que en 120 atractivas opcións. Máis cuestionable, e en eso si coinciden todos os sindicatos, é a cuarta. ¿A competitividade e o futuro de Alcoa en San Cibrao dependen desta eliminación de emprego? ¿Quen garante que non haberá máis? ¿Haberá que poñer as barbas a remollar?