A TRIBUNA | O |
22 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.NESTA SOCIEDADE da teórica opulencia, presumir de cartos é o que prima. Sacar do peto unha morea de billetes para pagar menos dun euro parécelles a moitos unha indubidable demostración de poderío. Lucir os cartos non é problema porque na bisbarra non hai razóns para temer atracos en plena rúa. Mais todos somos víctimas potenciais doutros atracos, de timos aparentemente máis sofisticados. Adoitan chegar por escrito ou mediante chamadas e mensaxes telefónicas. «Ha sido usted agraciado con 300 euros. Llame al...». «Este es un aviso urgente para... Póngase de inmediato en contacto con el gabinete jurídico de....». «Sin ningún compromiso por su parte, le regalamos... Acuda a...». Tres exemplos dalgunhas das sorprendentes estratexias ás que recurren empresas sen escrúpulos para engaiolarnos e cobrarnos barbaridades polas chamadas de resposta ou para vendernos gato por lebre. Esos timos argállanse pensando nos listos que viven da apariencia no mar da ignorancia.