Con nome de muller

A MARIÑA

PLAZA PÚBLICA | O |

01 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

BOTO DE MENOS unha maior presencia das mulleres na política, na dirección de empresas... Chámame a atención o impulso que está recibindo a promoción de cursos destinados a animar á poboación feminina a por en marcha a súa propia empresa porque unha cousa é a teoría e outra ben distinta a práctica. Deixando ó marxe as pemes, ¿cantas mulleres están hoxe en día dirixindo algunha industria na Mariña? Noutros ámbitos, ¿cantas mulleres hai alcaldesas, xa non só na comarca, senón en Galicia ou outras comunidades? ¿Cantas concellalías da muller hai creadas expresamente? ¿Que medidas se están aplicando para conciliar a vida laboral coa familiar? ¿Por que as mulleres no paro seguen a ser moitas máis que os homes no paro? Hai máis preguntas posibles, agardando que algún día haxa respostas e positivas.