Non prexulgarás

A MARIÑA

A TRIBUNA | O |

22 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

PROBABLEMENTE nen siquera responda estrictamente a unha cacería e, dende logo, non de bruxas, porque nada do que se está a investigar parece cousa de meigas, aínda que vaia a saber vostede se algún dos feitos que están a ser analizados se pode atribuir a algunha intervención diviña. Con ou sin ela, o certo é que a veda está aberta. O papel de cazadores interpretanno homes con experiencia nesas e noutras lides, quenes se xustifican invocando as obrigas de todos coa Lei, máis cando se trata de cargos públicos. O de presas tocoulles ós seus antecesores, tamén con moita bagaxe ás costas e que ata ben pouco non semellaban fáciles de sorprender e, moito menos, de ser cazados en renuncios excesivamente gordos. Se os recén chegados conquerisen demostrar que teñen razón ó menos unha parte do que están empezando a airear, os recén saídos poderían verse nunha situación na que posiblemente nunca pensaron atoparse. Pero eso non é tan sinxelo como poidera parecer, sobre todo porque, como moi ben saben todos eles, unha cousa é probar ilegalidades e outra criticar apelando á ética. A partida está aberta e o tempo e a Lei porán a cada quen no seu sitio. Prexulgar de antemán sería un erro imperdoable.