O arduo traballo do xurado

La Voz

A MARIÑA

XAIME F. RAMALLAL

12 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Proba da difícil tarefa que acometeu o xurado foi a selección dunha segunda obra, baixo o lema O desterro de Carmucha , entre as vinteoito que se presentaron, para aconsella-la súa publicación. Os gañadores das dúas últimas edicións, Hixinio Puentes e Dolores González; o mestre do IES Vilar Ponte Justo Moirón; o catedrático de Filoloxía Luis Iglesias e o escritor viveirense e director do Ámbito Cultural de El Corte Inglés, Ramón Pernas, deliberaron longamente. O edil de Cultura, Francisco L. Rodríguez Guerreiro, anunciou cambios nas bases.