Os Oscos aínda están lonxe

A MARIÑA

A TRIBUNA | O |

05 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

VINTECATRO anos dan para moito. En 1979, a finais do século pasado, Os Oscos e Taramundi eran algo así como a versión asturiana das Hurdes, moi mal comunicadas e sen algúns dos servicios máis básicos. E a frase non é a arroutada dun forasteiro, senón que a dixo a semana pasada o alcalde de Taramundi, Eduardo Lastra, ó referirse á recente evolución desa zona. Os Oscos xa non están lonxe como daquela, pois é posible chegar alí por boas estradas, como ben saben os que acoden ás súas casas de turismo rural. Pero aínda non estamos tan preto deles como podería parecer: os tres Concellos desa zona e outros tres (Vegadeo, San Tirso e Taramundi) encargaron a unha empresa un estudio sobre as súas posibilidades de futuro e sobre a maneira de desenvonvelas. ¿Atreveranse algúns Concellos da Mariña a seguir ese exemplo ou aquí está xa todo claro e non fan falta iniciativas coma esa?