Compromiso «por escrito e cuantificado en cartos»

La Voz

A MARIÑA

? Vicente Parapar afirma que o proxecto de Goberno socialista «é un compromiso por escrito e todo cuantificado en cartos, que se pode facer en catro anos». O candidato do PSOE asegura que entre as actuacións básicas, «e nos vamos poñer con elas gañemos ou esteamos na oposición», figura o saneamento do concello. «A súa débeda ascende a 637.000 euros só en créditos. Un concello ten que endebedarse para facer cousas que se sirvan para todos. Ainda estamos pagando a construcción do mercado e está na ruína». A familia tamén forma parte das liñas básicas, con bonificacións nas taxas municipais e subvencionando os libros de texto e o transporte escolar. Incentivar o asentamento empresarial para xerar emprego «e que os nosos non teñan que emigrar tamén é básico», engade.