02 jun 2000
«A miña obra é espiritual»
CONCHA PINO A ENTREVISTA Víctor Corral, polifacético escultor e pintor que expón no Parlamento A obra de Víctor Corral (Baamonde, 1937) é un achádego de encantamentos. Este artista da Terra Chá esculpe, talla, pule e pinta co mesmo sentido de pertenencia á terra que caracteriza ós materiais que utiliza. Fala de cada peza e da súa historia como o rastreador que é, buscando polos montes tremendas raíces de carballo e castiñeiro, cepas de uz e troncos de buxo, dos que arranca formas respectando a súa esencia. No Parlamento de Galicia está aberta ata o 9 de xuño unha antolóxica con cen obras deste creador.