A gaita vai á igrexa, un recital de gaita e órgano de tubos que terá lugar esta tarde ás 20.30 horas na igrexa de Santiago A Nova en Lugo, servirá para inaugurar unha nova edición do ciclo de música clásica Músicas a carón da Mosqueira.
O concerto ofrecerano dous recoñecidos compositores e intérpretes galegos como son o gaiteiro Suso Vaamonde e o organista multiinstrumentalista Ernesto Campos, que a través deste recital recuperan espazos de incalculable valor cultural, levando a música tradicional a auditorios tan singulares como as igrexas, as abadías ou as catedrais. Sen máis aderezo ca os seus instrumentos, estes dos intérpretes ofrecen un repertorio de música popular, tradicional ou clásica. Os temas están arranxados polo organista Ernesto Campos, que con amenas explicacións fai desta proposta un espectáculo apto para o público xeral.