08 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
A López Carballedo cústalle atopar unha resposta cando se lle pregunta se hoxe volvería emigrar. «Non é que estea arrepentido, pero aos que quedaron aquí nunca lles dixeron 'galegos que vides matar a fame a Arxentina' como nos dicían a nós. Non por iso deixa de ser un país acolledor, no que temos os mesmos dereitos que se naceramos alí, pero nós tamén lle demos todo. Ademais, xeramos postos de traballos e pagamos impostos».