24 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
música | 16.00
Nova oportunidade para ver o mellor da semana na edición dominical de V Clips , con convidados de auténtico luxo na sección Mesa de son . Los Reyes del KO , dúo compostelán de blues, residente en Berlín, de onde chega con novo disco baixo o brazo, It's fiesta time ! Tamén son de Santiago Aló Django, banda de gipsy swing que flirtea co cabaré. De Tui, Vigo e Bos Aires proceden de Phantom Club, outro dos grupos presentes no resumo.