«Está ben ter unha visión panorámica dos autores galegos»

La Voz

OURENSE CIUDAD

15 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Diego Ameixeiras considera que «sempre está ben ter unha visión panorámica dos autores galegos». O pai literario do detective Horacio Dopico comenta que «a partir dunha escolma un pode facerse unha idea da obra do autor e, se ten curiosidade por eses textos elixidos, ir despois ás obras completas». Tamén sinala que as antoloxías poden facer de gancho. «Se un dos obxectivos é que os lectores accedan a autores complexos, que non son tan populares coma outros, como podería ser o caso de Alfonso X, por exemplo, paréceme boa idea», engade.

Na súa selección particular, Ameixeiras non dubida. «O meu favorito é Eduardo Blanco Amor . Escribiu A esmorga , que é unha novela negra, aínda que no seu momento non se considerara así. É a primeira novela deste tipo na literatura galega», indica. «Pertence a este xénero pola visión que recolle da cidade de Ourense. Somos uns cantos autores os que ambientamos algunhas das nosas novelas na cidade. E se lle preguntamos a escritores coma Bieito Iglesias, todo o mundo elixirá A esmorga e Blanco Amor porque son os grandes referentes que temos.