15 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
A colección da historia inaugúrase co volume A literatura e a cultura trobadoresca . Son os primeiros pasos das nosas letras. A obra recolle o contexto histórico da Idade Media, coa transición ao Estado moderno. Describe a situación da lingua e a literatura nesta época. Mergúllase na cultura trobadoresca, explicando o amor cortés e os costumes cortesáns e cabaleirescos. Reserva espazo para xograres, trobadores, segrares, soldadeiras e cancioneiros. E repasa a cronoloxía da lírica galego-portuguesa. Consta de 64 páxinas con ilustracións en color.