15 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
O mellor de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao inclúe textos escollidos da obra do escritor rianxeiro, pero tamén conta con ilustracións, entre as que destacan unha selección de debuxos de Albumes de guerra . Ademais, o lector dispón dunha biografía na que se resumen os feitos máis importantes da súa traxectoria vital e literaria de Castelao e dunha bibliografía que recolle aqueles títulos de prestixio dedicados ao estudo da produción e do pensamento deste gran autor das nosas letras. O volume, de 144 páxinas, está encadernado en tapa dura.