«Unha primavera para Aldara», mellor obra dos María Casares

CULTURA

A crise centrou a gala dos premios que foi presentada por el actor Josito Porto

26 mar 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Os premios máis importantes do teatro galego que se entregaron na noite de onte levan nome de muller. Nas súas memorias, que esta semana apareceron por primeira vez en galego publicadas pola editorial Trifollium, María Casares confesa: «A miña patria é o teatro». A actriz estaría encantada coa alfombra lila pola entraron onte no teatro Rosalía de Castro da Coruña as xentes da escena galega. A cor foi escollida por Marina Carballal, directora da gala da XIII edición dos galardóns pola papel da muller nos mesmos, algo que sin duda podería resumirse diciendo que foron unhos premios con nomes de muller, como o da escritora e xornalista Ana Romaní, que recibeu o premio de Honra «en recoñecemento a unha dilatada traxectoria no só na radiodifusión senón tamén en diversos proxectos artísticos».

Pero a gran gañadora foi Unha primavera para Aldara, que recibeu intre outros os premios a Mellor dirección, para Xulio Lago, Mellor actriz protagonista, para María Bouzas; Mellor escenografía, para Carlos Alonso; Mellor texto orixinal, para Teresa Moure y Mellor espectáculo.

Estes galardóns son otorgados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia e o número da edición parecía espallarse por todo: os premios teñen trece categorías, dándose este ano a coincidencia de que as produccións que foron nominadas eran tamén trece. As obras que partían con máis candidaturas eran Unha primavera para Aldara , de Teatro do Atlántico, candidata a oito premios, seguida de No comment , de Produccións Teatrais Excéntricas; Aeroplanos , de Lagarta lagarta; A boa persoa de Sesuán , do Centro Dramático Galego, e Dame veleno, da Compañía Sarabela.

O inicio da gala foi moi chamativo, cos actores desfilando pola alfombra lila, saudando a xente e tratando de levar ao público cara ao interior do Rosalía de Castro. A presenza dos zancudos tamén foi otro dos elementos que sorprenderon tanto aos asistentes como as persoas que neses intres pasaban pola concurrida rúa. Si fóra había sorpresas, dentro tamén as houbo, sobre todo cando un especialista descolgouse desde o teito do teatro, provocando máis dun berro de susto. O presidente da entidade organizadora, Vicente Montoto, salientou o bo momento que atravesan as artes escénicas en Galicia: «O teatro galego cada vez ten máis espectadores, o incremento foi espectacular durante o ano pasado; temos público, non somos marxinais». Os datos foitos públicos a semana pasada danlle a razón a Montoto, xa que o número de espectadores de teatro en Galicia durante o ano pasado superou os cen mil; no caso da Coruña, donde tiña lugar a gala de entrega de premios, a media é de 306 persoas por función, ainda que na noite de onte esta media era amplamente superada xa que o Rosalía estaba abarrotado.

Outro dos feitos que lembrou Vicente Monto referíndose ao último ano «foi un tempo importante para a asociación, porque conseguimos ter un convenio colectivo para os actores e actrices de Galicia; somos a terceira comunidade logo de Madrid e Cataluña que consigue ter un convenio».

Comentou asimesmo a publicación do catálogo de actores e actrices, unha ferramenta que calificou como «importante para promocionar a profesión e que xa chegou a Brasil logo de presentarse en Galicia e en Madrid».