Tras a sua retirada dos escenarios, o artista Ourensan Moncho Borrajo regresa a Galicia para adicarse a pintura.
19 feb 2009 . Actualizado a las 13:43 h.O 20 de febreiro ás 20.30 do serán, o destacado artista Moncho Borrajo presenta as súas obras no espazo expositivo de Galyarte en Xelmírez, 12 (Santiago de Compostela)
A mostra titulada: «Planos y contrapuntos» poderase contemplar ata o día 12 de abril.
Nesta exposición atópanse obras pictóricas en diversos soportes xa que utiliza lenzo e papel. A exposición inclúe unha selección de obras nas que predominan distintas formas xeométricas, presentándose en distintos planos visuais, xogando cos valeiros e con disintas cores e texturas. Existe una clara relación entre os distintos elementos que crean unha tensión na percepción do espectador..
Moncho conecta nesta faceta co espectador de un xeito diferente a como o fai no espectáculo, pero con igual intensidade. Por que a pintura tamén e espectáculo para os sentidos.