O argumento de 13 rosas foi unha de tantas traxedias que estimulan a memoria que neste último ano tomou forma de danza, de teatro e máis de cine.
A intención de Arrieritos non é tanto volver sobre un feito documentalmente. Xa non se trata tanto de explicar a violencia desatada contra as inocentes como tentar explicar o drama polo que atravesaron. Quizais sexa a dimensión definitiva do drama, saber que pasa por dentro das persoas que quedan atrapadas na traxedia. Queda explicado desde a danza e, por máis que os racionalistas nos empeñemos, na dimensión brutal da traxedia hai cousas que non se poden explicar con palabras. Xusto por iso igual é mellor non utilizalas. Falar doutro xeito.
Auditorio de Galicia
Viernes y sábado
21.00
Precio: 6 y 12 euros