Éxito de participación e récord de cotización na Poxa Nacional de Adai
Éxito de participación na Poxa Nacional de Raza Rubia Galega de Adai, en O Corgo, que bateu o récord de cotización ao adxudicarse unha xata por 4.000 euros, que mercou un gandeiro de Céltigos (Sarria). O prezo medio das femias foi de 2.300 euros. En canto ao Concurso Nacional de Raza Rubia Galega, a gandeiría de Samos de Manuel López Quiroga gañou cinco das sete seccións. Competiron un total de 75 exemplares.