22 ene 2010 . Actualizado a las 23:34 h.
Tempo catro está constituído por catro músicos de sólida formación académica e dilatada experiencia artística no panorama musical clásico e galego actual con intereses de afondar na renovadora estética tanguera das formacións instrumentais de Astor Piazzola dos anos setenta. Esta noite actúan na sala Rum Rum, en Ferrol a partir das 23 horas. O prezo das entradas é de cinco euros.