Milladoiro continúa en Lugo a xira das tres décadas

La Voz

LUGO CIUDAD

29 nov 2009 . Actualizado a las 22:57 h.

Os trinta anos que pasaron dende que Milladoiro publicara o seu primeiro disco, A Galicia de Maeloc, están a ser celebrados polo grupo cunha xira na que repasan o seu repertorio e recuperan a algúns dos integrantes anteriores da formación como Rodrigo Romaní, Laura Quintillá ou Roi Casal. O concerto, segundo desta xira, no auditorio Gustavo Freire comezará ás 20.30 horas.