«Non coñezo ningunha formación como a nosa en Galicia nin no Estado»

C. P.

SANTIAGO

17 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O ciclo de Concertos Didácticos do Auditorio de Galicia contou onte, e por primeira vez, cunha formación compostelá única, o Coro da Ra, integrado por 45 voces e dirixido dende que o creou hai dezaseis anos polo músico e profesor de canto e voz Ramón Bermejo.

-¿Como foi o concerto?

-Un exitazo, unha experiencia estupenda. Temiamos enfrontarnos a un público de preto de mil rapaces entre 12 e 14 anos, pero gustoulles. Moitos achegáronse a preguntarnos que había que facer para entrar no coro.

-No que o nivel é moi alto.

-Cada vez hai máis xente con formación musical dalgún tipo, e temos moitos integrantes así, ademais duns dez ou doce cantantes profesionais. Pero tamén os hai afeccionados.

-Son ben coñecidos en círculos reducidos. ¿Son un coro de culto?

-É certo que non se nos coñece moito. Gustaríanos abrirnos un pouco máis. Estamos facendo unha campaña para tentar que nos contraten no verán polas viñas, en festas e así, cos nosos Concertos Comando. Estannos saíndo cousas, e imos facer un anuncio para a cervexa de Estrella Galicia de 1906. Tivemos un momento brillante hai sete ou oito anos. Os coros sempre son formacións cíclicas polos cambios.

-¿Existe algún coro semellante?

-En Galicia non, e que eu saiba en España tampouco. Facemos música moderna, soul, jazz, un repertorio con arranxos meus de temas de Ray Charles, Steve Wonders...