A Mesa reclama axudas directas para aumentar os usos do idioma nas empresas do país

La Voz

SANTIAGO

A Mesa pola Normalización Lingüística reclama que se concedan máis axudas directas ás empresas para incrementar os usos do galego. A liña que seguía a anterior Xunta neste ámbito era máis axeitada, aínda que se precisaría unha maior fiscalización das axudas e información á cidadanía para conseguir maior efectividade, afirmou Carlos Callón, presidente da entidad

e.

A Mesa afirma que é escasa a documentación financeira e bancaria en galego, e lembrou normativa autonómica e europea vixentes que favorecen maiores usos do idioma autóctono nos servizos públicos, como telefonía, electricidade, gas e outros; ben como no transporte de camiño de ferro, aeroportos ou en Correos e telégrafos; e en empresas como Navantia. Tamén defenden a «introdución dos dereitos lingüísticos dos traballadores como cláusula de oficio en todos os convenios colectivos» que se asinen na comunidade.