«Sen as asociacións de pacientes, algunhas enfermidades seguirían deixadas da man de deus»

La Voz

OURENSE

O documental, que xa recibiu o primeiro premio do Festival de cine médico de Cascais (Portugal) e aspira ao galardón á mellor idea sanitaria do 2009 de Diario Médico, seleccionou a cinco médicos españois con patoloxías cardiovascular, dexenerativa, adictiva, oncolóxica e de burn out . Todos autorizaron o uso da súa imaxe só para actos especializados.

-Non está pensado, por iso, para o público en xeral, pero polo seu interese estamos barallando a posibilidade de organizar actos coa Universidade de pacientes que dirixe Albert Jovell, un médico enfermo de cancro, o primeiro activista en denunciar problemas como a intimidade dos doentes.

-Que papel deben asumir os pacientes no sistema?

-Convén que o paciente estea informado, que sexa máis activo, que reclame, por iso as asociacións de pacientes están sendo importantísimas; sen elas, algunhas enfermidades seguirían deixadas da man de deus. O sistema pagámolo todos e tamén os cidadáns terán que decidir que se prioriza.

-O médico é un mal paciente?

-O médico vive a enfermidade dun xeito totalmente diferente porque é moito máis consciente do seu problema; iso ten vantaxes e moitos inconvenientes, sobre todo porque pode incrementar a angustia. Ademais desta vertente psicolóxica, o médico ten unha visión privilexiada e distinta sobre o sistema que o vai tratar, é espectador imparcial e privilexiado sobre o propio sistema sanitario que o atende cando é doente.