Miguel Ángel Domínguez (Ourense, 1969) é o propietario deste seu terceiro negocio de hostalería, a cafetería A Efémera, situada en Pardo Bazán, 54.
-¿Canto tempo leva vostede metido neste sector hostaleiro?
-Practicamente toda a miña vida ata agora. Tiven tres negocios e este vai cumprir en setembro deste ano cinco anos de servizo.
-Sen dúbida que este local dálle vida á zona.
-Nós montámolo pensando na apertura do complexo cultural de San Francisco, esa foi a razón. E contribúe a animar esta zona, si.
-Teñen boa terraza...
-Que está apartada da rúa e dispón de marabillosas vistas cara o casco histórico, empezando pola catedral e acabando polos montes.
-¿Por que lle chaman A efémera?
-Porque eu son pescador, moi apaixonado e pensei no nome dese insecto de vida efémera que se emprega para pescar troitas.
-¿É este un lugar de pescadores?
-Non é que sexa estritamente iso pero é un lugar de xuntanza deles en alta porcentaxe.
-¿Cal é a especialidade da casa?
-Os pinchos e sobre todo a tortilla, que os clientes din que está moi boa.
-¿Que clientes teñen?
-Os destes edificios, entre eles o colexio das Carmelitas e o Auditorio. A xente, cando hai actuacións, queda aquí antes de ir aló.