pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

LITERATURA Domingo Villar: «É posible que Leo Caldas se namore na nova novela»

O autor publicará en outono outra entrega do detective

Autor:
Camilo Franco
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 0:18 h
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

Cando un escritor ten que guiar a un detective de éxito non hai moita oportunidade para o descanso. Domingo Villar pasea estes días polos escenarios da súa próxima novela, que será a terceira entrega protagonizada por Leo Caldas e que terá a ría de Vigo como protagonista.

?¿Hai que localizar exteriores para escribir novela policial?

?Estou estes días por Galicia visitando os escenarios nos que transcorrerá a vindeira novela de Leo Caldas. Volvendo a camiñar polos lugares onde se vai mover o protagonista e os personaxes porque de cando en vez fai falta algo de inmersión. Dende Madrid non sempre é fácil ter en conta os detalles.

?¿E esas paisaxes son...?

?A novela comeza en Tirán, en Moaña, coa desaparición dunha muller, e vai cara a Vigo. Vai ter protagonismo a Escola de Artes e Oficios, que é unha xoia un pouco oculta da cidade e é un escenario ideal.

?¿Hai data para a publicación?

?Non hai unha data fixada definitiva. Aínda que probablemente será para o vindeiro outono ou xa case no Nadal cando a novela poida chegar ás librerías. En calquera caso, e aínda apurando moito, nunca sería antes de que pase o verán.

?¿Os lectores asiduos van encontrar novidades nesta nova historia do inspector?

?Malo sería se non houbese algunhas novidades en cada novela. Por unha parte, canto máis escribo mellor vou coñecendo aos personaxes e iso me permite ir engadindo cousas, de xeito que, segundo van pasando as novelas, eles van cambiando para min e tamén é de esperar que cambien para os lectores e que vaian encontrando cousas novas neles como me acontece a min. Por ese lado, eu creo que haberá novidades para quen siga as novelas porque os personaxes van cambiando e tamén madurando. Por outra banda, son cousas que tampouco prexudican aos lectores que queiran incorporarse á serie no libro que máis lles guste.

?¿E algunha desas novidades que chaman polos lectores?

?É posible que alguén se namore.

?¿Quere dicir que non é bo que o inspector estea só?

?Xa o dicía a Biblia. É posible que Leo Caldas se namore na nova novela porque está algo só e anda preocupado por esas cousas. Digamos que ten inquietudes e vai haber que facer algo. Estou niso.

?¿Despois da terceira entrega, haberá unha cuarta ou vai facer falta algo de barbeito?

?Teño as dúas posibilidades. Teño argumento para unha cuarta de Leo Caldas, pero tamén teño ideas para poñerme a escribir noutra dirección. Non estou moi seguro de que facer e tampouco teño présa por decidilo. Agora estou metido aínda na terceira e por veces penso que será mellor darlle un descanso e poñerme a outra cousa. Pero tamén é verdade que unha vez que se teñen as ideas non sería tan complicado poñerse outra vez con Caldas. Digamos que estou na dúbida e que podería facer calquera das dúas cousas. Xa se verá en canto acabe de escribir esta.

 

ENVIAR NOTICIA  

LITERATURA Domingo Villar: «É posible que Leo Caldas se namore na nova novela»

O autor publicará en outono outra entrega do detective

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.