O Parlamento solicita que a obra de Man de Camelle sexa declarada ben de interese cultural

La Voz

CULTURA

20 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A proposta do Grupo Socialista a Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade solicitar á Xunta de Galicia a declaración de ben de interese cultura para a obra de Man de Camelle ao tempo que pide ao Executivo que respalde todas as accións encamiñadas á protección desa obra.

O primeiro paso deste proceso segundo a proposta dos socialistas é a realización dunha catalogación da obra e dos documentos que están baixo o coidado da Fundación Man. Unha vez feita a catalogación e o estudo subseguinte promover a declaración de BIC para ese conxunto de obras situadas en Camelle.

Na defensa da iniciativa, a cargo da parlamentaria socialista Concepción Burgo, sinalou que «coa súa morte, a obra deste home singular acada, cada día que pasa, unha nova dimensión» e reclamou unha protección «oficialmente recoñecida» para a obra de Man para garantir «a supervivencia artística e as actividades vinculadas á mesma».

A comisión aprobou de maneira unánime a proposta firmada pola parlamentaria socialista Marisol Soneira, quen sinalaba que a iniciativa quere «garantir a supervivencia artística e as actividades vinculadas á mesma, que «non debemos esquecer que é tamén riqueza», e resulta necesario «poder acceder a tódalas fórmulas de subvención e axudas para a conservación deste patrimonio».