A entidade Caixanova inaugurou onte unha campaña para promover o uso do galego entre os máis pequenos que consiste na organización de viaxes culturais en tren. O primeiro convoi partiu de Ourense cargado de nenos de seis colexios que foron acompañados no percorrido por pallasos, contacontos e grupos de animación.
Ata o mes de xuño, Caixanova organizará outros 52 viaxes en ferrocarril que unirán as principais cidades galegas. A campaña vai dirixida a cativos de entre 5 e 9 anos que, no primeiro percorrido que saia de cada unha das estacións de tren, contarán coa presenza de algún escritor de relevancia en lingua galega para que conte unha historia aos rapaces. Así, onte en Ourense interveu Delfín Caseiro Nogueiras, que estivo acompañado polo director de relacións institucionais da entidade financeira, Amadeo Rodríguez; pola concelleira de Educación ourensá, Ana Garrido, e polo xefe do Corredor Atlántico de Renfe, Justo Saro.
Os organizadores da campaña explican que os animadores que viaxan cos cativos se expresan en galego en todo momento para fomentar unha actitude aberta cara á lingua. Ademais as actividades están pensadas para que os propios nenos usen o galego. Aínda así, o obxectivo da iniciativa é triplo e, ademais de promover a utilización do idioma, búscase dar a coñecer a historia e as vantaxes do tren como medio de transporte e impulsar o coñecemento de Galicia por parte dos cativos.
Na viaxe de onte entre Ourense e Monforte, os 200 nenos que disfrutaron da campaña da entidade -bautizada como Tren Caixanova- pertencen a seis colexios da capital e do seu entorno. Trátase, concretamente, dos centros Antonio Faílde, Sagrado Corazón, Prácticas, Divino Maestro, Punxín e Virxe de Guadalupe. En total serán 1.200 os pequenos ourensáns que participarán na iniciativa.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios