Publicidad
Publicidad
Publicidad
Publicidad
0
0
0
0
Publicidad

Quizás todo teña un porqué

O profesor da USC Luciano Méndez denunciado por comentarios sexistas a unha alumna responde á polémica

11 de marzo de 2016. Actualizado a las 15:48 h. 51

0
0
0
0

Quizás todo teña un porqué, e pode que un dos obxectos desta polémica en torno á miña persoa sexa darme a oportunidade de manifestar publicamente a miña postura sobre delicadas cuestións relacionadas coa que nos ocupa. Xa que se me concede este privilexio, vou usalo do xeito que eu considero máis útil, e o obxectivo non é evitar hipotéticas sancións da sociedade, ou incluso obter os favores de ninguén, nin sequera ningún fin de tipo material, non, o obxectivo é mais nobre e profundo que todo iso, o obxectivo é atopar a miña postura sincera sobre o asunto e demostrarme a min mesmo que non teño nada do que avergonzarme ante ninguén, ese é o obxectivo último destas poucas verbas, como dicía o amigo Krahe, «si actuara de otro modo ya no seria quién soy, motivo primordial por el que un servidor suspira». O asunto admite perspectivas ben diversas, a que menos me interesa é a dos detalles concretos do suceso en si, non é que a evite porque me prexudique, iso nunca, pero pouco tería que engadir ao que xa dixen. Só mencionar neste sentido que cando lin que tamén a Xunta se interesaba no asunto pensei «xa só me falta que se implique a Igrexa, para que a cousa transcenda tamén o humano». Para contentar as maternais voces que me queren conducir cara á política de «botarlle terra ao conto» direi só unha cousa: A miña primeira advertencia á alumna fíxena un día previo e nun contexto privado, a súa reincidencia foi o que me fixo ser máis politicamente incorrecto. Considero que agocharse detrás do politicamente correcto é un xeito de evitar ter que pensar, evitar tomar partido. Para moitos é un xeito cómodo de estar no mundo, para outros non abonda con iso, hai outros que non están dispostos a vestir os traxes que deseñan para eles, hai outros con criterio propio, e que só se senten realizados cando poden manifestar con contundencia a súas posturas por incómodas que resulten para terceiros. Na clase o profesor é o representante da sociedade, o que debe velar porque o servizo público se preste nas mellores condicións posibles, tanto ruídos como calquera cousa que altere o normal desenvolvemento desta actividade diminúe a calidade da docencia e debe ser corrixida polo profesor. O profesor debe decidir in situ, sobre temas que moitas veces non hai xurisprudencia, e debe entón improvisar as medidas que considere oportunas. Este xeito de proceder a min paréceme o axeitado, e ademais funciona, de feito en 25 anos que levo dando clase nunca me pasara nada parecido ao caso que nos ocupa.

Respecto aos alumnos que se foron da clase en apoio de María, nin o mais mínimo reproche. Eu ensino matemáticas, o que quero transmitirlles aos meu alumnos é o valor da razón como ferramenta para fortalecer a identidade, para ter criterio propio, e os alumnos que se levantaron ese día téñeno. Como xa lles dixen na clase en días posteriores, non deben temer ningún tipo de represalia, considero que equivocaron o obxectivo, pero tamén eu aplaudo a súa valentía.

O de meter o termo machismo na polémica paréceme absolutamente improcedente. Non son sexista, dáme igual que sexa home ou muller o que se exhibe, a única diferenza e que a min distráeme máis a pel feminina que a masculina. O que eu creo é que homes e mulleres somos diferentes na percepción do sexo, tanto educacional como hormonalmente. A testosterona é unha hormona complicada, pode ser unha aliada que estimule e motive e pode ser tamén o peor dos inimigos, que faga o varón vulnerable e débil. Controlala, manexala en beneficio propio é labor de toda unha vida.

Debo confesar que me sinto moi motivado nesta loita, eu sempre estiven do lado do débil, do indefenso, e nesta problemática eu son o débil. Aínda que aparentemente cando se deron os feitos eu representaba a parte mais forte do conflito isto é absolutamente falso. O inimigo é de moita entidade, o inimigo chámase rutinas de pensamento, chámase medo, medo á verdade, á sinceridade, á honestidade, e os seus aliados chámanse feminismo frívolo, irracionalidade, sensacionalismo barato e incluso pode que opinión maioritaria.

Aparte das propias, as reprimendas veñen por parte dos poucos amigos que teño, preparándome quizás para que a miña postura sexa mais sólida. Os que considero que me apoian gratuitamente, dando por suposto que a miña actitude representa poñerse de xeonllos ante algún ideario que xustifique calquera tipo de maltrato, amiguismo ou inxustiza, a eses solo dicirlles «pinchais en hueso». Ao fío disto, quero rematar con un puntiño humorístico «que me critique o cisne, malo, agora ben, que me defenda o porco... moito peor».

Publicidad

Comentarios 5