Luis Iglesia e Xabier Deive estrenan «Gaivotas subterráneas» no teatro Rosalía de A Coruña

Rodri García A CORUÑA

A CORUÑA

SANDRA ALONSO

A obra poderá verse os días 24, 25 e 26 de xaneiro e as entradas xa están a venda con prezos que van dos 6,50 aos 15 euros

23 ene 2013 . Actualizado a las 16:04 h.

«Para A Coruña y el teatro Rosalía de Castro es un honor acoger el estreno de un producto gallego de calidad como es Gaivotas subterráneas», dixo a concelleira de Cultura, Ana Fernández, na presentación da obra xunto a Luis Iglesia e Xavier Deive, dous rostros moi coñecidos coa súa participación en Matalobos.

Despois da estrea de mañá o espectáculo poderá verse os días 25 e 26 as 20.30 horas. A obra está producida por tres empresas galegas: Recursos Técnicos Artísticos, Talía Teatro e Voz Audiovisual. Artur Trillo, de Talía, apuntou a necesidade de que «Agadic se normalice» pola importancia que ten a distribución xa que tanto para Gaivotas subterráneas, un texto de Alfonso Vallejo, como para o teatro e o audiovisual galego «é un momento clave».

As entradas, con prezos que van dos 6,50 aos 15 euros, con descontos do 20 % para os titulares do carné xove, os maiores de 65 anos y para os parados, pódense mercar na web Servinova, no 902 504 500, na praza de Orense en horario de 9.30 a 13.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas e os días de función no propio Teatro Rosalía de 12.00 a 14.00 e e 18.00 a 20.00 horas.