Fundación Amigos de Galicia agranda o faro cultural de Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

ANA GARCIA

A entidade entregou onte á biblioteca municipal unas 60 obras literarias de variada autoría

30 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A cultura abre os ollos. O mellor faro para impedir os tropezos dun pobo é a escola. Tamén unha biblioteca con libros. A todas estas ideas aludiu onte en Cee o doutor Ramiro Varela, presidente da Fundación Amigos de Galicia. Fíxoo durante un acto mediante o cal esta entidade doou á biblioteca ceense 61 obras, algunhas delas de Concha Blanco ou Rocío Leira, escritoras de Cee que tamén sumaron palabras a este momento, ao igual que Emilio Santamarina. Ramiro, cirurxán pediátrico, amosouse orgulloso das rúas raíces en Brens e saudou a autoridades e máis de medio cento de patronos, moitos da zona, antes de incidir na labor social da Fundación Amigos de Galicia. Agradecido coa presenza da alcaldesa, Margarita Lamela, e tamén da edila de Cultura, María Rodríguez, afirmou que semella que hoxe a lectura está en crise, «por iso nos preocupamos de loitar tamén contra esta lacra». Dende a súa fundación hai máis de tres decenios, a fundación apoiou a cultura galega, pensando nun futuro mellor. Presentou este encontro Jesús Busto, director da Fundación.