Lectura pública de versos e caldo de gloria en sete bares polo Día de Rosalía en Ribeira

M. X. B. RIBEIRA / LA VOZ

RIBEIRA

XOAN A. SOLER

Soledad Felloza ofrecerá un espectáculo de narración oral dirixido a estudantes

21 feb 2024 . Actualizado a las 14:35 h.

Os veciños de Ribeira terán ocasión de sumarse este venres ao Día de Rosalía con diversas actividades, entre as que figuran una lectura pública de versos e a degustación de caldo de gloria. Deleitarán con esta receita, inspirada no poema Miña casiña, meu lar, aos seu clientes A Recoveira, Cocoluche, Castelao, Plaza, Esmorga, Golimbreo e Pedra Pateira.

Ao longo de toda a xornada, as persoas que se acheguen á biblioteca municipal serán obsequiadas cun libro e unha flor. Pola mañá, no auditorio terá lugar unha actividade dirixida aos alumnos de primaria. Ata este edificio desprazarase Soledad Felloza, que ofrecerá o espectáculo de narración oral Como chove miudiño. Sobre as táboas, estará acompañada por dous músicos: Ánxela Vidal e Sabela Galbán. Algúns dos estudantes asistentes tamén participarán nun recital poético.

O colofón da xornada dedicada a Rosalía de Castro estará aberto a todos os veciños. Ás 20.30 horas, no Lustres Rivas, as persoas que o desexen poderán poñerlle voz aos versos da escritora do Sar.