Unha nova veciña de Valga incorpórase ao club dos centenarios

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

CEDIDA

23 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Valga conta cunha nova centenaria, Manuela Duro Fernández, veciña de Casal de Eirigo, que este xoves cumpriu un século de vida. Por este motivo, recibiu a visita do alcalde, José María Bello Maneiro, para fecilitala nunha data tan especial para ela e para toda a súa familia, da que forman parte catro fillos, trece netos e dezasete bisnetos.