Vitaldent deixa de patrocinar tras 13 anos o Céltiga, e o exdono da firma asume o relevo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

ADRIAN BAULDE

A entidade illense manifesta o seu malestar coa nova propiedade da clínica logo de que Domingo Sampedro Barreiro lla vendera o pasado decembro

07 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A directiva do Céltiga comunicou onte que Clínicas Vitaldent Vilagarcía «ha decidido, después de 13 años, no seguir colaborando con el club y renunciar a cualquier vínculo contractual existente, incluido el vigente para esta temporada 2019/20». A entidade illense manifesta o seu malestar coa nova propiedade da clínica logo de que Domingo Sampedro Barreiro lla vendera o pasado decembro, co acordo de patrocinio para esta tempada asinado xa co Céltiga medio ano antes, en xullo, como era habitual nos 13 anos de relación entre ambas partes, sinalaba onte o voceiro do club, Álex Zels.

Tras lamentar a decisión dos novos donos de Vitaldent, e de sinalar «el perjuicio económico que conlleva tal decisión a estas alturas de la temporada», desde o Céltiga agradecen a Sampedro «cubrir el vacío ocasionado, con un nuevo espónsor perteneciente a su grupo empresarial», ijobgalicia. O acordo pechouse o mércores.

Noutra orde de cousas, o Céltiga darálle unha invitación a cada socio para que acuda o domingo acompañado ao partido co líder, Atios.