En Monforte e en Quiroga houbo demostracións de baile galego

La Voz

QUIROGA

18 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O auditorio de Monforte acolleu onte un festival folclórico que promoveu o Concello con motivo do Día das Letras. Actuaron bandas de gaitas, orquestra de acordeóns, grupo de baile, pandereteiras e cantareiras, así como a Coral Polifónica, Amigos da Pandeireta e Coral Renfe. Mentres, en Quiroga, o Concello rendeu unha homenaxe á poeta local María Mondelo Fierro e a Biblioteca entregou os premios dos concursos de narración e debuxo para escolares. Houbo actuacións de música e de baile tradicional.