23 sep 2007 . Actualizado a las 02:00 h.
O BNG de Baralla denunciou «a pasividade e desinterese» do alcalde para poñer en marcha a galescola, que acollería a nenos de entre 0 e 3 anos e que sería o primeiro centro destas características no Concello. «A galescola de Baralla é unha das actuacións previstas por Vicepresidencia na provincia é responsabilidade do Concello que nestes momentos o proxecto se atope estancado». Según o voceiro do BNG, Xosé Manuel Becerra, Vicepresidencia está á espera de que o Concello faga as adaptacións necesarias nas antigas escolas ubicadas na Casa da Cultura, para poder asumir as súas competencias no que se refire «á posta en marcha e apertura» da gardería.