Santiago encabeza todos os indicadores de uso do idioma, cun 52% da poboación que o emprega
SANTIAGO CIUDAD
18 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
A excepción nun contexto favorable ao galego na maioría dos indicadores é Santiago de Compostela, onde o galego acada os seus niveis máis altos. Se a instalación do castelán, dende hai décadas, nos lugares claves da vida urbana cimentou a súa presenza, semella que no caso de Santiago a sede central do Goberno autónomo está a exercer un proceso similar con respecto ao idioma galego. Tampouco é allea a este fenómeno a comunidade universitaria.?Sexa como for, Santiago encabeza, en moitos casos a gran distancia, os indicadores de uso do galego. Non só é a cidade na que se contan máis galegofalantes, un 52%, senón que a porcentaxe dos que só empregan esta lingua na vida cotiá é do 21,1%; en Vigo e na Coruña é do 7%.