Marcos Lema Rodríguez (A Coruña, 1986) será, case con seguridade, o candidato á alcaldía máis novo das próximas municipais. Estudante de Administración de Empresas, declárase apaixoado do fútbol, practicante do fútbol gaélico e aplicado descubridor de ruso na Escola de Idiomas. Será un dos tres cabezas de cartel de Converxencia XXI.
-¿Por que se enrolou neste proxecto político?
-Descubrín a súa proposta navegando por Internet e identifiqueime con el de inmediato. Propoñemos, a diferencia dos tres partidos tradicionais xa establecidos, un cambio de concepción na vida política, para darlle máis protagonismo aos cidadáns, reducir a burocracia e aumentar a eficacia da xestión pública eliminado entes superfluos, como por exemplo as diputacións.
-¿Que perspectivas ten o seu partido nas próximas eleccións municipais?
-Somos un proxecto que está nacendo, un partido moderno, de centro, profundamente demócrata, galeguista e con unha visión europeísta da que carecen moitos outros. Ofertamos unha perspectiva que non existía na política coruñesa. ¿Resultados? Confiamos en que a cidadanía vexa en nós unha alternativa na que confiar.
-¿Qué radiografía fai da situación política do Concello?
-Despois destes catro anos de goberno bipartito, seguimos tendo os mesmos problemas, como os de movilidade ou a ausencia dunha área metropolitana solvente. Javier Losada é un alcalde lexítimo, porque gañou as eleccións nas urnas, pero o pacto co BNG non dou resultados positivos.
-¿Qué van a propoñer?
-Fusionar concellos para abaratar custes, conxelar impostos, crear un sistema de metro soterrado que aproveite a forma de península da cidade e apostar polo consenso nos grandes temas, donde queremos ser o punto de encontro como centro que somos, para evitar a polarización que se produce agora.
-¿Como farán a fusión de concellos?
-Sabemos que será un proceso lento, pero o importante é a opinión da xente, non a dos políticos. Esa é outras das diferencias máis importantes de Converxencia XXI coas formacións políticas tradicionais. Nós creemos sinceramente na toma de decisións de abaixo cara arriba, mentres que aquí se sigue sin contar coa opinión dos cidadáns.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios